Intervidos dous quilos de heroína e dez quilos de MDMA no aeroporto de Gran Canaria
Operación conxunta da Axencia Tributaria e a Garda Civil
- Detida unha persoa de nacionalidade holandesa que viaxaba desde Bruxelas
- A droga estaba oculta na maleta do pasaxeiro
16 de decembro de 2022.- Funcionarios de Vixilancia Aduaneira da Axencia Tributaria e axentes da Garda Civil, nunha operación conxunta, interviñeron dous quilos de heroína e máis de dez quilos de MDMA no equipaxe dun pasaxeiro de nacionalidade holandesa procedente de Bruxelas.
Tras recibir información das autoridades aduaneiras belgas dun posible envío de substancia estupefaciente transportada por un viaxeiro desde Bruxelas a Gran Canaria, funcionarios da Unidade Operativa de Vixilancia Aduaneira de Las Palmas, canda Garda Civil do aeroporto de Gran Canaria, montaron un dispositivo de control do voo indicado.
A operación culminouse o día 13 de decembro, cando se localizou a maleta que contiña as substancias estupefacientes e detivose o cidadán holandés que a transportaba.
O detido pasou a disposición do Xulgado de Instrución en funcións de garda nº 2 do Telde.