Formalidades aduaneiras do Imposto especial sobre os envases de plástico non reutilizables
A Lei 7/2022, do 8 de abril, de residuos e solos contaminados para unha economía circular estableceu, no Capítulo I do seu Título VII, o imposto especial sobre os envases de plástico non reutilizables, incluíndo a importación como feito impoñible. A entrada en vigor producirase o 1 de xaneiro de 2023.
Na seguinte ligazón tes dispoñible toda a información sobre o novo imposto ambiental, aplicable a partir do 1 de xaneiro de 2023:
Imposto especial sobre envases de plástico reutilizables.
Por esta razón realizáronse os cambios pertinentes no sistema de importación para habilitar a xestión deste imposto.
Se vas importar mercadorías obxecto deste imposto, consulta as formalidades aduaneiras na seguinte ligazón:
Axencia Tributaria: Formalidades aduaneiras.
Se necesitas información ou tes dúbidas sobre xestións relacionadas co novo imposto, tes á túa disposición un informador onde poderás ir seleccionando as distintas opcións que se che mostrarán para obter unha resposta ás túas preguntas.
Informador do Imposto do plástico .
Se prefires falar connosco, podes utilizar o servizo de chamada telefónica directa, así como de cita previa telefónica a través da seguinte ligazón ADI.