Modificar unha declaración de Renda xa presentada
Se despois de presentar a declaración de Renda advirtes erros ou omisións que fagan necesario modificar a declaración presentada, podes presentar unha rectificación ou unha declaración complementaria, tanto do exercicio actual como doutro anterior non prescrito.
Os erros ou omisións advertidos poden producir dúas situacións:
-
Se che causan un prexuízo económico porque a cantidade que hai que devolver sexa maior, ou menor a cantidade que hai que ingresar, podes solicitar a rectificación da declaración.
Tamén se a modificación afecta a un dato que non modifica o resultado da declaración.
-
Se se causa un prexuízo económico á Facenda Pública porque a cantidade que hai que devolver sexa menor, ou unha maior cantidade a ingresar, debes presentar unha declaración complementaria.
No apartado da sede electrónica "Como modificar unha declaración xa presentada" explicámosche o procedemento que hai que seguir a través de Renda WEB.
Tamén preparamos dous vídeos para guiarche no procedemento:
-
Renda 2021- Modificación dunha declaración presentada (rectificación de autoliquidación)
-
Renda 2021 - Como presentar unha declaración complementaria