Cualificador de operacións inmobiliarias
Esta ferramenta axúdache a coñecer como tributan as compravendas e arrendamentos de inmobles. É dicir, se están suxeitas ao IVE ou ao Imposto sobre Transmisións Patrimoniais (ITP) e, se é o caso, se están exentas.
Mediante preguntas e respostas podes saber se a venda dun inmoble tributa por IVE ou ITP. No caso de tributar por IVE, ofrecerache unha breve análise de como declarar a operación. No caso de tributar por ITP, como novidade incorporada recentemente, permíteche acceder á información publicada na web da comunidade autónoma competente.
Ligazón á ferramenta "Cualificador de operacións inmobiliarias".