Vídeos explicativos: Informadores de Renda
Resolve as túas dúbidas sobre o IRPF mediante o noso "Informador Renda".
Neste vídeo explicámosche onde localizar o Informador de Renda na nosa páxina web e como utilizaro. O seu funcionamento é sinxelo: primeiro debes elixir o tema sobre o que desexas obter información. O informador irache realizando preguntas co fin de ofrecerche información o máis adaptada posible á situación concreta que propós, ata que obteñas a resposta á cuestión exposta. Podes pedirnos incluso que che enviemos unha copia da conversación personalizada.
Dispós ademais dun Informador de Renda específico para resolver dúbidas sobre a túa actividade económica.
Acceso ao vídeo Informador de Renda.