Celebrado o 25º Pleno do Foro de Grandes Empresas
O día 15 de novembro celebrouse a 25ª sesión plenaria do Foro de Grandes Empresas, coa asistencia da directora Xeral da Axencia Tributaria, D.ª Soledad Fernández Doctor.
Na reunión os representantes da Axencia Tributaria e das grandes empresas analizaron as cuestións tratadas nos grupos de traballo celebrados durante o segundo semestre, sendo algunhas das cuestións que máis interese espertaron as relacionadas coa entrada en vigor o día 1 de xaneiro de 2023 do imposto sobre os envases de plástico non reutilizables e a proposta de revisión do estado da relación cooperativa no seo do Foro.