Intervidos 180 quilos de haxix na praia de Balanegra (Almería) tras un operativo por terra e mar
Operación de Vixilancia Aduaneira da Axencia Tributaria
- A substancia estupefaciente era transportada por unha embarcación pneumática semiríxida de doce metros de eslora con dous motores de 300 CV cada un
- Detivose a un dos encargados de transbordar a droga desde a embarcación a unha furgoneta
18 de outubro de 2022.- Funcionarios de Vixilancia Aduaneira da Axencia Tributaria interviñeron 180 quilos de haxix que foran alijados desde unha embarcación semiríxida na praia de Balanegra (Almería) e detiveron unha persoa.
A operación comezou o pasado 12 de outubro sobre as 00:30 horas, cando o patrulleiro ‘Arao romeiro’ de Vixilancia Aduaneira, con base en Almería, detectou a presenza dunha embarcación semiríxida que navegaba rumbo norte en dirección á zona da Punta do Río de Adra.
Inmediatamente, procedeuse a un seguimento por mar da embarcación, con apoio das forzas despregadas en terra.
Sobre as 02:00 horas, a embarcación tocou terra na praia de Balanegra, onde se encontraban unhas dez persoas, que comezaron a transbordar os fardos desde a embarcación a unha furgoneta.
Nese momento, procedeuse á actuación dos funcionarios de Vixilancia Aduaneira, tanto por mar coma por terra, procedendose á intervención de cinco fardos de haxix, a detención dun dos intervenientes no alixo, con iniciais N.L.S, así como a incautación de diferentes aparellos de radiocomunicación e 900 litros de combustible.
Constatouse que a embarcación utilizada no alixo era unha pneumática semiríxida de doce metros de eslora con dous motores de 300CV cada un, das utilizadas habitualmente para o tráfico de haxix desde Marrocos ás costas españolas.
Posteriormente, procedeuse a trasladar a embarcación co detido, a substancia estupefaciente e a gasolina intervida ao porto de Almería, onde quedou depositada provisionalmente. A autoridade xudicial competente é o Xulgado de Instrución número dous de Berja (Almería) en funcións de garda.
As investigacións continúan abertas por parte da Unidade Operativa de Vixilancia Aduaneira en Almería, co fin de poder determinar a identidade do resto das persoas que interviñeron no alixo.
Vixilancia Aduaneira: Presentación de denuncias por contrabando e delitos relacionados;
Teléfono gratuíto 900351378.
Correo electrónico: denunciasvigilanciaaduanera@correo.aeat.es