Celebrados no mes de outubro os plenos do Foro de Pequenas e Medianas Empresas e do Foro de Federacións e Asociacións de Traballadores Autónomos
Os días 17 e 24 de outubro, respectivamente, tiveron lugar as segundas sesións dos plenos do Foro de Pequenas e Medianas Empresas e do Foro de Federacións e Asociacións de Traballadores Autónomos, reunións en que se analizaron as cuestións tratadas nos grupos de traballo celebrados desde as respectivas sesións constitutivas dos Foros, que tiveron lugar no pasado mes de febreiro, así como outras cuestións de interese.
Ambos os dous Foros encádranse dentro do modelo de relación cooperativa desenvolvida e impulsada pola Axencia Tributaria que ten como finalidade, nun marco de transparencia e confianza mutua, favorecer e facilitar o cumprimento voluntario das obrigas fiscais.