Actualizada información IVE en sede tras a publicación do Real Decreto-lei 17/2022
Tras a publicación do Real Decreto-lei 17/2022, do 20 de setembro, polo que se adoptan medidas urxentes no ámbito da enerxía, na aplicación do réxime retributivo ás instalacións de coxeración e redúcese temporalmente o tipo do Imposto sobre o Valor Engadido aplicable ás entregas, importacións e adquisicións intracomunitarias de determinados combustibles que, con efectos desde o 1 de outubro de 2022 e vixencia ata o 31 de decembro de 2022, establece unha redución, do 21 %ao 5 %, no tipo impositivo do IVE que recae sobre:
-
Actualizouse o apartado de Novidades do IVE da Sede electrónica da Axencia Tributaria para informar desta modificación normativa.
Podes consultaro na seguinte ligazón: Novidades de normativa do IVE 2022.
-
Actualizouse o cadro dos tipos impositivos do IVE publicado na Sede electrónica da Axencia Tributaria.
Podes consultaro na seguinte ligazón: Tipos impositivos do IVE .