Saltar ao contido principal

Iníciase o prazo de presentación da Declaración de información da utilización de determinados mecanismos transfronteirizos de planificación fiscal (Modelo 236)

O 1 de outubro de 2022 iníciase o prazo para presentar, por primeira vez, o Modelo 236 "Declaración de información da utilización de determinados mecanismos transfronteirizos de planificación fiscal".

No Modelo 236 deben declararse os mecanismos transfronteirizos de planificación que debesen ser previamente declarados á Administración tributaria española no modelo 234 ou a outra Administración tributaria en virtude da obriga de declaración xeral da Directiva 2011/16/UE, e que fosen utilizados en España.

Están obrigados a presentar o Modelo 236 as persoas ou entidades que teñan a consideración de obrigado tributario interesado aos efectos da obriga de información de determinados mecanismos de planificación fiscal, é dicir, aos efectos do Modelo 234, aínda que non están obrigados a presentar o modelo 236 os obrigados tributarios interesados no caso de que non utilizasen en España os mecanismos transfronteirizos declarados con anterioridade.

No Modelo 236 debe declararse o valor do efecto fiscal derivado do mecanismo no ano a que se refire a declaración. Enténdese que o valor do efecto fiscal é o resultado producido en España, en termos de débeda tributaria, do mecanismo declarado que deberá incluír, se é o caso, o aforro fiscal.

O prazo de presentación deste modelo é o último trimestre do ano natural seguinte a aquel en que se producise a utilización en España dos mecanismos transfronteirizos que debesen ser previamente declarados. Polo tanto, o modelo 236 relativo ao mecanismo utilizado no exercicio 2021 ten como prazo de presentación o comprendido entre o día 01/10/2022 e o día 02/01/2023.

Axencia Tributaria: Modelo 236 Declaración de información da utilización de determinados mecanismos  transfronteirizos.

Na Sede Electrónica da  AEAT encóntranse dispoñibles unha serie de preguntas frecuentes que puidesen resultar de utilidade:

Preguntas frecuentes sobre a obriga de información de mecanismos transfronteirizos de planificación fiscal  (agenciatributaria.gob.es).