Saltar ao contido principal

Desarticulada unha rede de transporte de drogas que operaba en Galicia e Portugal

Operación conxunta da Axencia Tributaria, Policía Nacional e Garda Civil

  • No marco da operación conxunta ‘Positivo-Canteira’ foron detidas catro persoas pola súa presunta participación nos delitos de pertenza a organización criminal e contra a saúde pública
  • Interveuse gran cantidade de diñeiro en metálico, tres vehículos utilizados para o transporte da substancia estupefaciente, cocaína en paquetes termo selados, multitude de dispositivos de telefonía móbil, útiles para a preparación da droga e diversa documentación

16 de febreiro de 2023.- Funcionarios de Vixilancia Aduaneira da Axencia Tributaria, nunha operación conxunta coa Garda Civil e á Policía Nacional no marco da Operación ‘Positivo-Canteira’, detiveron a catro persoas pola súa presunta pertenza a unha organización delituosa dedicada ao tráfico e distribución de cocaína entre Galicia e Portugal.

Desenvolvemento da investigación

A investigación comezou en xaneiro de 2022, cando se tivo coñecemento da existencia dunha organización delituosa asentada na provincia de Pontevedra que se dedicaba ao transporte da devandita substancia tanto en Pontevedra como nas provincias da Coruña e Ourense.

Froito das investigacións realizadas, tivose coñecemento de que a organización, ademais de organizar transportes perfectamente coordinados a distintas localizacións de Galicia e Portugal tamén se encargaban de distribuír substancias ilícitas en diversos locais de lecer da zona do Salnés .

Unha vez acreditada a actividade delituosa levada a cabo polos integrantes da organización criminal, os axentes solicitaron á Autoridade Xudicial un total de sete entradas e rexistros, en diferentes situacións de Vilagarcía de Arousa tras deter a catro dos integrantes do grupo criminal.

As unidades intervenientes no operativo foron Vixilancia Aduaneira da Axencia Tributaria en Ourense, Udyco 1 de Pontevedra, Greco Galicia, e EDOA da Garda Civil de Pontevedra e Ourense.

Con esta operación dáse por desmantelado a estrutura delituosa e deuse un golpe importante á distribución de substancias estupefacientes.