Saltar ao contido principal

Podes denunciar a fraude fiscal que coñezas

Podes comunicar á Axencia Tributaria feitos ou situacións que poidan ser constitutivos de infraccións tributarias ou de contrabando, ou ter transcendencia para a aplicación dos tributos.

Podes presentar unha denuncia tributaria en xeral, en calquera oficina da Axencia Tributaria, xa sexa persoalmente ou remitira por correo.

Na sede electrónica da Axencia Tributaria dispós dun  Modelo de Denuncia Pública Tributaria.

Tamén a través de Internet, podes seleccionar o formulario axeitado previsto para cada caso:

  • Facturas e tickets non declarados
  • Uso de sofware de ocultación de vendas
  • Comercio electrónico e outro fraudes tributarias en web
  • Alugamento de inmobles

Na seguinte ligazón faise referencia ao procedemento a seguir en calquera dos casos: Denuncia tributaria.