BlockTax
O Blog Fiscal de Crónica Tributaria, unha semana máis, publica unha entrada sobre distintos aspectos da xestión dos tributos. O xoves 7 de decembro publicouse unha entrada escrita por Dª. Virginia Muñoz Fernández, directora do Departamento de Recadación da Axencia Tributaria, co título “BlockTax”.
Na entrada, a autora apunta a idea de implementar a tecnoloxía blockchain no pagamento de impostos, nun exercicio exquisito de transparencia pública, que suporía contar cun mecanismo real de coñecemento dos recursos dispoñibles, as necesidades sociais e a toma decisións sobre o destino dos nosos impostos. Todo iso permitiría aos cidadáns adquirir consciencia dos custos do Estado de Benestar para que este sexa realmente coñecido, coidado e desexado.
Lee a entrada "BlockTax" ao completo.