Intervidos 700 quilos de haxix na Ría de Huelva
Operación conxunta da Axencia Tributaria e a Garda Civil
- A droga era transportada nunha embarcación semiríxida
- Os tripulantes da lancha emprenderon a fuxida chegando a acometer a embarcación policial en varias ocasións
14 de xaneiro de 2023.- Funcionarios de Vixilancia Aduaneira da Axencia Tributaria e axentes da Garda Civil, nunha operación conxunta, interviñeron 700 quilos de haxix na Ría de Huelva e detiveron a dúas persoas como presuntos autores dun delito contra a saúde pública.
A operación realizouse na mañá do día 9 de xaneiro, cando se tivo coñecemento na Central Operativa da presenza dunha embarcación semiríxida que navegaba desde a Ría de Punta Umbría en dirección á Ría de Huelva e que podía estar cargada de droga. A vixilancia sobre a zona fora iniciada por funcionarios da Axencia Tributaria e axentes da Garda Civil a madrugada anterior cando, tras investigacións levadas a cabo, puidose coñecer o posible desembarco do estupefaciente.
Por iso, unha vez divisada a embarcación, deuse aviso o Servizo Marítimo provincial da Garda Civil para que comprobase a carga que transportaba. Ao detectar a presenza policial, os tripulantes da lancha emprenderon a fuxida, chegando incluso a acometer a embarcación policial en varias ocasións.
Finalmente, os axentes conseguiron abordar a embarcación, reducir aos seus ocupantes e intervir a súa carga.
Unha vez en porto e tras realizar a descarga, contabilizáronse 20 fardos que contiñan 700 quilos de haxix. Tamén se interviñeron dous teléfonos móbiles e un GPS.
Os detidos e as dilixencias instruídas foron postos a disposición da autoridade xudicial competente.
Na operación interviñeron funcionarios de Vixilancia Aduaneira da Axencia Tributaria xunto a axentes para a Loita Contra o Narcotráfico OCON-EDOA e do Servizo Marítimo Provincial da Comandancia da Garda Civil de Huelva.