Celebrado o 26º Pleno do Foro de Grandes Empresas
O día 8 de xuño tivo lugar a 26ª sesión plenaria do Foro de Grandes Empresas, coa asistencia da directora Xeral da Axencia Tributaria, D.ª Soledad Fernández Doctor.
Nesta ocasión, ademais de analizar as cuestións tratadas nos grupos do traballo durante o primeiro semestre, aprobouse o documento elaborado no grupo de traballo de Relación cooperativa "Proposta para a achega voluntaria da documentación sobre operacións vinculadas no seo do Código de Boas Prácticas Tributarias”. A finalidade da proposta é continuar avanzando no desenvolvemento do modelo de relación cooperativa entre a Axencia Tributaria e as empresas, mediante o impulso da transparencia e da seguridade xurídica no cumprimento das obrigas tributarias. A achega temperá desta información, que xa é de elaboración obrigatoria para as empresas, facilitará á Administración tributaria unha maior comprensión das actividades do contribuínte e, en particular, dos aspectos recollidos nos informes de transparencia fiscal, o que permitirá unha correcta análise de riscos fiscais da política de prezos de transferencia da empresa, redundando nun control administrativo máis eficiente e temperán daquela e, polo tanto, na obtención de seguridade xurídica de forma máis próxima no tempo.