II Encontro tributario do Consello Xeral do Poder Xudicial e a Axencia Tributaria
O Consello Xeral do Poder Xudicial e a Axencia Tributaria manteñen unha estreita relación en materia de formación, investigación e publicacións. No marco desta colaboración, durante os días 15 a 17 de marzo tivo lugar, por segundo ano consecutivo, un encontro tributario, que se celebrou na cidade de Sevilla.
Os relatorios trataron asuntos tributarios de actualidade, así, por exemplo, os efectos da regulación practicada no procedemento de comprobación limitada, a actual doutrina administrativa e xurisprudencia sobre a responsabilidade tributaria, os efectos da declaración de inconstitucionalidade dunha norma ou da declaración de ser contraria ao dereito da Unión e realizouse unha análise do principio de legalidade e os principios xerais do Dereito Tributario na recente xurisprudencia.
Tamén se dedicaron relatorios aos efectos temporais dos cambios de criterio administrativo e xurisprudencial, así como a l ascláusulas xeral antiabuso no ordenamento tributario, cun análise de estruturas concretas.
Nos relatorios participaron especialistas de recoñecido prestixio da Xudicatura, da Fiscalía, da Avogacía do Estado, da Administración tributaria ou do ámbito académico.