Publicación da nota informativa NIN GA 08/202 do 8 de maio de 2023, relativa ás importacións procedentes de Israel na Unión Europea
Publicouse a nota informativa NIN GA 08/202 do 8 de maio de 2023, da Subdirección Xeral de Xestión Aduaneira, relativa ás importacións procedentes de Israel na Unión Europea, na Sede electrónica no apartado Normativa e criterios interpretativos.
Na seguinte ligazón podes acceder ao texto íntegro da nota informativa: NIN GA 08/2023 do 8 de maio, da Subdirección Xeral de Xestión Aduaneira relativa ás importacións proccedentes de Israel na Unión Europea .
A partir do próximo 16 de maio, deberá declararse o novo código de certificado TARIC (Y864) no recadro 44 do DUA de importación cando o operador solicite as preferencias arancelarias establecidas no Acordo de Asociación UE - Israel ou cando solicite un continxente arancelario preferencial establecido no mesmo Acordo de Asociación.