Intervido no porto de Alxeciras un colector con 322 quilos de cocaína
Operación conxunta da Axencia Tributaria e Policía Nacional
- A droga encontrábase entre sacos con sementes de millo e viaxaba desde Brasil con destino Orán (Alxeria)
23 de maio de 2023.- O Servizo de Vixilancia Aduaneira da Axencia Tributaria, conxuntamente con Policía Nacional, interveu no porto de Alxeciras un colector que, canda a súa carga legal declarada (sementes de millo), transportaba 16 sacos cun total de 322 quilos de cocaína. O colector partira do Brasil e tiña por destino a localidade alxerina de Orán.
A operación iniciouse cando os investigadores tiveron coñecemento da inminente chegada a Alxeciras dun colector que transportaba sementes de millo e que presuntamente sería ‘contaminado’ con cocaína.
Unha vez analizada a información e comparada coa existente nas bases de datos da Axencia Tributaria, obtivose o número dun colector sospeitoso procedente de América do Sur, concretamente do Brasil, transportando sacos de sementes de millo e con porto de destino Orán.
Tras identificarse e ser localizado o colector, procedeuse á súa inspección física, encontrandose un total de 16 sacos ‘contaminados’ en cuxo interior se encontraba unha substancia de cor branco e presentación fariñosa que, sometida ao ‘narcotest’, deu positivo por cocaína.
O peso total da substancia estupefaciente ascendeu á cantidade aproximada de 322 quilogramos de cocaína.
As actuacións e a droga foron postos a disposición do titular do xulgado de Alxeciras en funcións de garda.