Inicio da asistencia presencial na Campaña de Renda 2022
Desde o 1 de xuño, a Axencia Tributaria comeza a prestar o habitual servizo de confección de declaracións nas oficinas en colaboración con comunidades autónomas e concellos, ao tempo que continúa o plan "Chamámoslle" de confección de declaracións de Renda por teléfono que permite atender os contribuíntes ata o final da campaña sen necesidade de desprazamentos e de maneira personalizada.
Desde o 25 de maio ao 29 de xuño podes concertar unha cita previa de Renda 2022 por Internet ou nos teléfonos: 91 553 00 71 / 901 22 33 44 (L-V 9 a 19 h), para recibir unha atención presencial nas oficinas da Axencia Tributaria, onde poderás presentar a túa declaración de renda correspondente ao ano 2022.
Os contribuíntes que faciliten un número de teléfono móbil ou un enderezo de correo electrónico ao concertar a súa cita, recibirán unha SMS ou un correo electrónico cos datos do día, centro, hora e a ligazón á documentación necesaria para confeccionar a súa declaración.
Na seguinte ligazón recóllese unha relación exhaustiva de datos e documentos que podes necesitar cando acudas ao servizo de confección de declaracións nas oficinas. Prepara só os que necesites de acordo coa túa situación persoal e en función das rendas que percibises durante 2022.
Estes servizos estarán dispoñibles para contribuíntes:
-
Con rendas do traballo ata 65.000 euros ou rendas do capital mobiliario ata 15.000 euros.
-
Con actividades económicas en estimación obxectiva.
-
Con ata 2 transmisións de bens non adquiridos por herdanza ou doazón.
-
Con alugamentos (ata 2 inmobles ou 2 contratos).
O servizo de asistencia presencial en oficinas súmase a toda a axuda que a Axencia Tributaria pon a disposición dos contribuíntes menos habituados ás novas tecnoloxías que requiran asistencia personalizada.