Saltar ao contido principal

Prórroga do tipo impositivo do Imposto sobre o Valor Engadido aplicable temporalmente a determinadas entregas, importacións e adquisicións intracomunitarias de alimentos, así como para os efectos da recarga de equivalencia

O Real decreto-lei 20/2022, do 27 de decembro, de medidas de resposta ás consecuencias económicas e sociais da Guerra de Ucraína e de apoio á reconstrución da illa da Palma e a outras situacións de vulnerabilidade, no seu artigo 72 establecía unha rebaixa do 4 ao 0 por cento o tipo impositivo do Imposto sobre o Valor Engadido que recaía sobre os produtos básicos de alimentación, ata agora suxeitos ao tipo reducido, así como unha minoración desde o 10 ao 5 por cento ao tipo impositivo aplicable aos aceites e pastas alimenticias. Ademais, o tipo da recarga de equivalencia correspondente a estas operacións tamén se reducía en consonancia.

Ambas as dúas reducións establecéronse de forma temporal e extraordinaria desde o 1 de xaneiro de 2023 e estaban suxeitas á evolución da taxa interanual da inflación subxacente.

De acordo co anterior, xa que a taxa interanual da inflación subxacente do mes de marzo foi do 7,5 por cento – superior ao 5,5 por cento de referencia –, mantéñense os tipos impositivos do 5 e 0 por cento e os tipos da recarga de equivalencia do 0,625 e do 0 por cento ata o 30 de xuño de 2023.