Saltar ao contido principal

Tres detidos por introducir en Mallorca 18 quilos de cocaína

  • Seis meses de investigación, dirixida polo Xulgado de Instrución 6 de Palma, conduciron ás detencións e o apresamento

  • A droga viaxaba oculta nun dobre fondo dunha furgoneta en que ían dous dos detidos. O terceiro, destinatario do alixo, viaxou esa mesma noite noutro vehículo e encargábase da súa distribución por distintos barrios de Palma

2 de novembro de 2023.- O Servizo de Vixilancia Aduaneira da Axencia Tributaria e a Policía Nacional, procederon á detención de dous homes e unha muller, todos eles de nacionalidade española, con idades comprendidas entre os 37 e 45 anos, e con diversos antecedentes policiais, por introducir na illa de Mallorca uns 18 quilos de cocaína.

A investigación, iniciada fai meses polo Servizo de Vixilancia Aduaneira, e á que se uniu o Grupo I de Estupefacientes da Xefatura Superior das Baleares, está dirixida polo Xulgado de Instrución Nº 6 de Palma. Formouse ao ter coñecemento das actividades dunha persoa que se estaría dedicando a introducir substancia estupefaciente empregando vehículos caleteados que viaxan nas adegas das navieiras que operan nas illas.

Un dos homes e a muller desembarcaron o pasado martes no porto de Palma, con orixe en Barcelona, a bordo dunha furgoneta para dirixirse directamente ao domicilio do terceiro detido, lugar en que foron interceptados. A substancia estupefaciente foi achada nun compartimento oculto da furgoneta e no mercado ilícito acadaría un valor de máis de medio millón de euros.

Por parte dos axentes puidose constatar a conivencia existente entre os dous homes, pois ambos os dous coincidiron en distintos puntos de Cataluña, viaxando posteriormente en vehículos separados e en barcos distintos ata Mallorca a mesma noite, como medida de seguridade.

 Ademais, durante a investigación puidose comprobar que un dos investigados viña dedicandose á distribución da cocaína por distintos barrios palmesanos, coñecidos pola existencia de puntos de venda de estupefacientes ao menudeo .

Os recentes apresamentos de droga evidencian que os recintos portuarios son unha das maiores vías de entrada de substancias estupefacientes en Mallorca.

Os tres detidos pasaron a disposición do Xulgado de Instrución número 9 de Palma, en funcións de garda, que ordenou o ingreso en prisión de dous dos investigados.

Filmación do operativo (para descargar o vídeo débese introducir o seguinte enderezo web):

https://we.tl/t-tl73uat9So