Intervidos case 2.400 emblemas comerciais falsificados de marcas de alta gama valorados en máis de 1,5 millóns de euros
-
A intervención produciuse tras detectar o envío dun paquete que contiña os emblemas falsificados
-
Investígase ao home destinatario do envío por un delito contra a propiedade industrial
8 de setembro de 2023.- Funcionarios de Vixilancia Aduaneira da Axencia Tributaria e axentes da Garda Civil da Sección Fiscal e Fronteiras (UDAIFF) de Santa Cruz de Tenerife, nunha operación conxunta, detectaron no ADT do Centro de tratamento automatizado de Correos un envío que contiña 2.396 emblemas comerciais falsificados de diversas marcas de alta gama.
Con motivo da incautación procedeuse á investigación dun home, residente no sur da illa de Tenerife, destinatario do envío, como presunto autor dun delito contra a propiedade industrial.
Os emblemas foron sometidos a unha certificación de falsificación, estimando a valoración media da mercadoría intervida no mercado actual, se se empregase o procedemento habitual en produtos orixinais, en 1.569.380 euros.
Tras proceder co investigado en dependencias aduaneiras, onde se instruíron as correspondentes dilixencias por parte de ambos os dous corpos, o atestado foi remitido ao Xulgado de Instrución de Garda de San Cristóbal de La Laguna.
O tráfico deste tipo de mercadorías supón unha ameaza para a protección dos consumidores, a saúde, a seguridade e outros intereses públicos. Trátase de tráficos ilícitos de diferentes mercadorías falsificadas ou que vulneran as normas de homologación de bens de consumo en xeral.
Nos últimos anos, as autoridades prestaron especial atención a estes sectores de risco, levando a cabo accións operativas coordinadas e conxuntas a nivel nacional e internacional e impulsadas desde a Organización Mundial de Aduanas, OLAF (Oficina de loita contra a fraude da Comisión Europea) e EUROPOL, entre outros.