Saltar ao contido principal

Incautados máis de cinco quilos de cocaína nun vehículo na provincia da Coruña

  • A droga viaxaba oculta tras os asentos dianteiros cun elaborado sistema de ocultación artesanal

13 de decembro de 2024.- Funcionarios de Vixilancia Aduaneira da Axencia Tributaria e axentes de Policía Nacional, nunha operación dirixida á detección da entrada en Galicia de substancias estupefaciente por estrada, detiveron un home que transportaba máis de cinco quilos de cocaína a bordo dun turismo.

Periodicamente, véñense establecendo diferentes controis nas rutas de acceso a Galicia, e en diferentes zonas no interior da Comunidade galega, ao obxecto de detectar transportes de substancias estupefacientes nesta comunidade.

Froito da coordinación de información entre os dous corpos, puidose comprobar como un dos vehículos sobre os que existían sospeitas de ser utilizado para o transporte de substancias estupefacientes, estaba abandonando Galicia pola Autovía A6, enderezo Madrid.

Ao seu regreso, nese mesmo día, o vehículo foi interceptado nunha peaxe da estrada AG55, enderezo Carballo, onde, tras ser identificado o seu ocupante e inspeccionado o vehículo, encontráronse, nun elaborado sistema de ocultación artesanal tras os asentos dianteiro coñecido como "caleta", máis de cinco quilos de cocaína.

Estímase que, na súa venda por dose, a cocaína intervida acadaría un valor no mercado ilícito próximo ao millón de euros.

Tras a súa detención e a confección do correspondente atestado, o detido foi posto a disposición do Xulgado de Instrución número dous de Carballo en funcións de Garda.

Esta intervención contra o tráfico de drogas desenvolveuse a cabo de forma conxunta polo Grupo de Información Rexional de Estupefacientes de Unidade Operativa de Vixilancia Aduanara da Axencia Tributaria en Galicia e a Unidade de Drogas e Crime Organizado da Coruña.

O Servizo de Vixilancia Aduaneira, corpo adscrito ao Departamento de Aduanas e Impostos Especiais da Axencia Estatal de Administración Tributaria a través da Dirección Xeral Adxunta de Vixilancia Aduaneira, ten como unha das súas competencias principais a relacionada coa represión do contrabando.

Así mesmo, unha das facetas dos labores de investigación realizada polos funcionarios do Corpo Nacional de Policía da Xefatura Superior de Policía de Galicia, adscritos á Unidade de Drogas e Crime Organizado (Udyco Galicia), é a captación de información, análise e explotación da mesma para a represión do tráfico de drogas e o crime organizado nas súas distintas modalidades delituosas.

Filmación do operativo (para descargar o vídeo débese introducir o seguinte enderezo web):

https://we.tl/t-pLo5mFr07C