O Tribunal Supremo analiza a tributación da compensación recibida por un comuneiro, a quen non se adxudica o ben, cando se disolve o condominio
O Tribunal Supremo ditou en 5 de decembro de 2023 a sentenza 1634/2023, que estima o recurso de casación 6962/2022 interposto polo avogado do Estado contra a sentenza do 29 de xuño de 2022 ditada polo Tribunal Superior de Xustiza da Comunidade Valenciana no recurso núm. 1281/2021, sentenza que se casa e anula.
A cuestión que presentaba interese casacional obxectivo para a formación da xurisprudencia consistía en "[…] Determinar en que casos a compensación percibida polo comuneiro, a quen non se adxudica o ben cando se disolve un condominio, comporta para o devandito comuneiro a existencia dunha ganancia patrimonial suxeita ao IRPF, tendo en consideración a posible diferenza de valoración dese ben entre o momento da súa adquisición e o da súa adxudicación e, se é o caso, que aquela compensación fóra superior ao valor da parte proporcional que lle correspondese sobre ese ben […]".
O Tribunal reitera a doutrina xurisprudencial fixada na súa sentenza do 10 de outubro de 2022, RC 5110/2020, considerando que:
"A compensación percibida por un comuneiro, a quen non se adxudica o ben cando se disolve o condominio, comportará para o devandito comuneiro a existencia dunha ganancia patrimonial suxeita ao IRPF, cando exista unha actualización do valor dese ben entre o momento da súa adquisición e o da súa adxudicación e esa diferenza de valor sexa positiva."
Podes consultar o texto íntegro da sentenza na seguinte ligazón