Novos servizos de asistencia no Imposto sobre a Renda de Non Residentes (IRNR): Informador, chat ADI e INFORMA+
Publicouse no apartado de Non Residentes da sede electrónica, o Informador do Imposto sobre a Renda de Non residentes co fin de dar resposta ás principais cuestións expostas polos contribuíntes non residentes que obteñen rendas en territorio español sen mediación de establecemento permanente. Cómpre destacar que pode consultarse en inglés se se elixe este idioma na navegación.
Para acceder ás respostas, abondará con seleccionar entre as diferentes opcións mostradas. O contribuínte poderá obter unha copia da resposta obtida se dispón de Cl@ve ou certificado electrónico.
En caso de necesitar información adicional, poderá acceder a un chat atendido pola ADI en horario de 9 a 19 horas. Para iso non se precisará autenticación.
Finalmente, para atender as cuestións máis complexas, incorporouse a posibilidade de presentar unha solicitude de información a través de INFORMA+. Este servizo poderá ser utilizado polos contribuíntes que conten con Cl@ve ou certificado electrónico, así como polos colaboradores sociais utilizando a vía do apoderamento.