A entrada en domicilios. Validez das probas
O Blog Fiscal de Crónica Tributaria publica semanalmente unha entrada sobre distintos aspectos da fiscalidade. O mércores 31 de xaneiro publicouse unha entrada escrita por D. Francisco José Orozco Aranda, xefe do Servizo Xurídico Rexional de Valencia da AEAT, co título A validez das probas obtidas en entradas en domicilio.
No seu artigo, o autor analiza a doutrina do Tribunal Supremo, conformada a través de varias sentenzas, relativa aos procedementos inspectores incoados e as probas obtidas en entradas en domicilio que non cumprían os requisitos establecidos xurisprudencialmente.