Saltar ao contido principal

Interceptado un veleiro en augas ao oeste das Canarias que transportaba 200 quilos de cocaína

  • A abordaxe foi realizada polo patrulleiro "Petrel" de Vixilancia Aduaneira a 500 millas das illas Canarias

  • Detido o único tripulante da embarcación, de nacionalidade portuguesa

  • A deterioración do veleiro provocou o seu afundimento, polo que a droga e o detido se trasbordaron ao Petrel para o seu traslado ao porto de Vigo

28 de febreiro de 2024.- O Servizo de Vixilancia Aduaneira da Axencia Tributaria, a Policía Nacional e a Garda Civil, nunha operación conxunta, interceptaron, o pasado 21 de febreiro, a 500 millas das Canarias, un veleiro de nome ‘Assashio’, con once metros de eslora e bandeira venezolana, que transportaba no seu interior uns 200 quilos de cocaína, a falta de pesaxe oficial, repartidas en oito fardos.

Tras a abordaxe polo patrulleiro ‘Petrel’ de Vixilancia Aduaneira procedeuse á detención do único tripulante, de nacionalidade portuguesa, trasladandose a carga ao patrulleiro, dado o estado de deterioración do veleiro que provocou o seu posterior afundimento.

A substancia estupefaciente encontrábase repartida polo interior da embarcación sen ningún tipo de ocultamiento, algo lóxico dado as súas reducidas dimensións.

O operativo foi froito da colaboración internacionais grazas a intelixencia dos Servizos de Aduana de Francia (DNRED) e da DEA dos EUA, canalizada a través do Centro de Análise contra o Narcotráfico Marítimo no Atlántico (MAOC) e coordinado polo Centro de Intelixencia co Terrorismo e o Crime Organizado (CITCO).

O operativo culminou coa chegada do ‘Petrel’ hoxe ao porto de Vigo, para a descarga da droga e posterior traslado do detido á Audiencia Nacional por parte de Garda Civil, Vixilancia Aduaneira e Policía Nacional.

Ruta atlántica

Esta operación súmase ás xa efectuadas pola Axencia Tributaria e as Forzas de Seguridade na loita contra o tráfico de drogas na denominada ‘Ruta Atlántica’ da cocaína, coñecida por ser utilizada por pesqueiros, mercantes, embarcacións semiríxidas e, como nesta ocasión, veleiros procedentes de América do Sur e o Caribe, trasbordan as substancias estupefacientes no medio do Atlántico para a súa posterior introdución no continente europeo.

O éxito deste tipo de actuacións é froito do excelente traballo de colaboración entre varios organismos europeos e nacionais (MAOC, CITCO) e os diferentes corpos policiais e aduaneiros, así como, neste caso, da cooperación das autoridades de DNRED e da DEA .

Filmación do operativo (para descargar o vídeo débese introducir o seguinte enderezo web):

https://we.tl/t-DenmsLcVS8