Desmantelado un club cannábico en Las Palmas de Gran Canaria
-
Intervidos 2 quilos de marihuana, 1,2 quilos de haxix, varios compostos tipo galletas e larpeiradas con marihuana, diñeiro en efectivo, unha motocicleta e elementos para a venda de estupefacientes polo miúdo
10 de xuño de 2024.- Axentes da Unidade Operativa do Servizo de Vixilancia Aduaneira da Axencia Tributaria en Las Palmas e do Corpo Xeral da Policía Canaria, desmantelaron un club cannábico situado na zona da praia das Canteiras de Las Palmas e procederon á intervención de 2 quilos de marihuana, 1,2 quilos de haxix, varios compostos con marihuana, diñeiro en efectivo, unha motocicleta, e elementos para a manipulación e venda de estupefacientes polo miúdo.
A operación levouse a cabo o pasado 1 de maio, cando se procedeu á entrada e rexistro do club coa correspondente autorización xudicial, despois dunha investigación conxunta iniciada en novembro do pasado ano de que se concluíran indicios dun posible delito contra a saúde pública.
A actuación comezou ás 11:00 da mañá, cando os axentes sorprenderon o individuo responsable de abrir o local. Nese momento procedeuse á súa detención por un delito de tráfico de drogas.
A continuación, efectuouse o rexistro do local pola comitiva xudicial e procedeuse á incautación de documentación, diñeiro en efectivo, marihuana, haxix, cigarros manufacturados e unha prensadora industrial para a fabricación de haxix.
En conxunto, interviñéronse 2 quilos de marihuana, 1,2 quilos de haxix, varios compostos tipo galletas e larpeiradas que contiñan marihuana, diñeiro en efectivo, dúas balanzas de precisión, unha prensadora industrial, e elementos para a venda de estupefacientes polo miúdo.
Os axentes procederon tamén ao precinto do local e á incautación dun vehículo utilizado polo responsable da asociación.
Na actuación detivéronse dúas persoas como presuntos responsables dun delito contra a saúde pública, sendo postos en liberdade na tarde do día 1. Estes individuos terán que presentarse ante a autoridade xudicial cando sexan chamados a declarar.
Filmación do operativo (para descargar o vídeo débese introducir o seguinte enderezo web):