Un detido por intentar introducir 2,8 quilos de corazóns de marihuana en Cantabria
-
A droga viña nun paquete procedente de Italia e foi obxecto dunha entrega vixiada tras detectarse inicialmente en Barcelona
12 de marzo de 2024.- Funcionarios de Vixilancia Aduaneira da Axencia Tributaria en Cantabria procederon á detención dun home como presunto autor dun delito contra a saúde pública por tráfico de drogas, e interviñéronse 2,8 quilos de corazóns de marihuana e 500 gramos de pole de ‘cánnabis’.
A actuación comezou tras a comunicación recibida o pasado día 4 de marzo na Unidade Rexional Operativa de Vixilancia Aduaneira de Barcelona, en que os responsables da empresa que transportaba o paquete coa droga avisaron do achado nas súas instalacións de Barcelona dun envío que, ao ser examinado por raios X, presentaba densidades compatibles con substancias estupefacientes.
Inmediatamente, funcionarios de Vixilancia Aduaneira en Barcelona comparecéronse nesas instalacións e procederon á inspección do paquete, constatandose que contiña as substancias prohibidas. Posteriormente requiriuse á autoridade xudicial autorización para realizar unha entrega vixiada do paquete ata o seu destinatario final.
Unha vez recibida a autorización, o paquete foi entregado polos funcionarios de Vixilancia Aduaneira en Cantabria ao seu receptor, H.M.G, dono dun ‘grow shop’ na localidade de Renedo de Piélagos, procedendose inmediatamente á súa detención e sendo posto a disposición do Xulgado de Garda de Santander. Posteriormente realizouse o rexistro do seu local comercial.
A droga procedía de Italia, desde onde fora enviada mediante unha empresa de paquetaría. O dono do local, ademais, tiña unha canle de venda na internet a través dunha páxina web.
‘Grow shop’
Os ‘grow shop’ son tendas especializadas no asesoramento e a venda de produtos para o cultivo de ‘cánnabis’. Na tenda comercialízase o material necesario e as ferramentas para levar a cabo todo o proceso de cultivo.
Vixilancia Aduaneira: Presentación de denuncias por contrabando e delitos relacionados
Teléfono gratuíto: 900 35 13 78
Correo electrónico: denunciasvigilanciaaduanera@correo.aeat.es