Fiscalidade e medio ambiente
O Blog Fiscal de Crónica Tributaria publica semanalmente unha entrada sobre distintos aspectos da fiscalidade. O mércores 28 de febreiro publicouse unha entrada escrita por D. Luis Ignacio Jiménez Parte, do Departamento de Aduanas e Impostos Especiais da AEAT .
Na entrada, o autor repasa os tres impostos ambientais actualmente en vigor, cuxo obxectivo é protexer o medio ambiente en aplicación do principio “quen contamina paga”.