Saltar ao contido principal

Celebrado o 29º Pleno do Foro de Grandes Empresas

O 20 de novembro celebrouse a 29ª sesión plenaria do Foro de Grandes Empresas, presidida por D.ª Soledad Fernández Doctor, directora Xeral da Axencia Tributaria, e á que asistiron representantes da Axencia Tributaria e das empresas participantes no Foro.

Nesta ocasión, entre outras cuestións, no pleno expuxéronse as medidas fiscais urxentes adoptadas no ámbito da Axencia Tributaria polos danos producidos pola DANA . Así mesmo, trasladáronse as accións adoptadas para loitar contra a fraude do IVE no sector de hidrocarburos e comentouse brevemente o pronunciamento do TXUE sobre o tramo autonómico do imposto sobre hidrocarburos.

Doutra banda, realizouse unha presentación a todos os membros do Foro sobre a estratexia de Intelixencia Artificial na Axencia Tributaria, aprobada en desenvolvemento do que se dispón no seu Plan Estratéxico 2024-2027.