Celebrado o terceiro Pleno do Foro de Empresas, Institucións e Entidades Públicas
O pasado 23 de outubro tivo lugar a terceira sesión plenaria do Foro de Empresas, Institucións e Entidades Públicas, presidida por D.ª Soledad Fernández Doctor, directora Xeral da Axencia Tributaria.
No pleno, ademais de expor os temas tratados na reunión do grupo de traballo, analizáronse diferentes cuestións relacionadas co Código de Boas Prácticas Tributarias, instrumento que facilita o avance na relación cooperativa entre a Axencia Tributaria e as empresas, institucións e entidades públicas.
Doutra banda, realizouse unha presentación a todos os membros do Foro sobre a estratexia de Intelixencia Artificial na Axencia Tributaria, cuestión relevante no ámbito das administracións públicas.