Saltar ao contido principal

Desmantelados cinco cultivos ‘indoor’ de marihuana na localidade sevillana do Rubio

  • Interviñéronse máis de 3.800 plantas de cánnabis

  • Hai seis persoas detidas, acusadas de tráfico de drogas e defraudación de fluído eléctrico

19 de decembro de 2025.- O Servizo de Vixilancia Aduaneira da Axencia Tributaria en Sevilla e a Garda Civil, nunha operación conxunta, procederon a desarticular cinco centros de cultivo de marihuana na localidade do Rubio (Sevilla) en dous dispositivos levados a cabo no mes de novembro que se iniciaron a raíz de denuncias veciñais alertando dos fortes cheiros provenientes dos inmobles investigados.

A primeira das operacións produciuse o pasado 6 de novembro, cando se realizou un rexistro nunha nave da localidade sevillana e interviñéronse 146 plantas en diferentes fases de crecemento. Na actuación procedeuse á detención do responsable da plantación.

O segundo dispositivo levouse a cabo o día 26 de novembro, coa práctica de catro rexistros domiciliarios na mesma localidade, onde se interviñeron 3.700 plantas de marihuana en diferentes estados de floración e detivose cinco individuos relacionados cos feitos investigados.

Ademais, en ambos os dous operativos detectáronse enganches ilegais á rede eléctrica, polo que aos detidos se lles imputan delitos de defraudación de fluído eléctrico ademais do tráfico de drogas.

Os efectos intervidos, así como os detidos, todos veciños do Rubio, foron postos a disposición da Autoridade Xudicial.

A operación levouse a cabo pola Unidade Operativa do Servizo de Vixilancia Aduaneira da Axencia Tributaria en Sevilla, canda a Unidade Territorial da Policía Xudicial da Compañía da Garda Civil de Osuna.

Encóntranse dispoñibles para a súa descarga imaxes do operativo nesta ligazón.