Saltar ao contido principal

Intervido no porto de Valencia 675 quilos de cocaína oculta nun camión procedente de Eivissa

  • Detido o condutor do vehículo tras a intervención realizada no marco dos controis aleatorios sobre o transporte de mercadoría vía ferry

15 de xullo de 2025.- Funcionarios de Vixilancia Aduaneira da Axencia Tributaria, nunha operación conxunta con axentes de Garda Civil e Policía Nacional, detiveron o condutor dun camión que transportaba 675 quilos de cocaína oculta na caixa dun camión nun ferry procedente de Eivissa.

O pasado mércores 9 de xullo, no marco da "operación Verán" que desenvolven conxuntamente Vixilancia Aduaneira, a Garda Civil e a Policía Nacional, establecéronse controis aleatorios sobre o trasporte de mercadoría realizada no porto de Valencia.

Axentes dos tres corpos, mediante unha exhaustiva análise previa de riscos, seleccionaron un ferry da ruta entre Eivissa e Valencia para proceder á inspección de todos os camións.

Grazas ao apoio dos guías caninos, un dos cans marcou un camión en que, tras a súa apertura, foi achado un alixo de 675 quilos de cocaína.

Ademais, o condutor, un home de 53 anos e nacionalidade española, portaba entre as súas pertenzas 30 gramos doseados de cocaína e xa se encontra detido en Valencia.

As dilixencias foron entregadas no Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 13 de Valencia.