Saltar ao contido principal

Intervidos máis de 12.000 artigos falsificados nun almacén oculto dunha tenda "outlet" de Valencia

  • Hai tres persoas de nacionalidade chinesa investigadas por presuntos delitos de contrabando de xéneros prohibidos e contra a propiedade industrial

11 de xuño de 2025.- Funcionarios de Vixilancia Aduaneira da Axencia Tributaria e a Garda Civil interviñeron máis de 12.000 artigos falsificados que se encontraban nun almacén oculto dentro dunha tenda ‘outlet’ de Valencia.

A operación, chamada ‘Dragón’, iniciouse tras recibir información de autoridades estranxeiras sobre a intervención de zapatillas falsificadas procedentes da China con destino a unha tenda ‘outlet’ situada en Valencia.

Tras analizar a información, organizouse un operativo o pasado 20 de maio, canda a Udaiff de Garda Civil para realizar unha inspección no local.

Durante o desenvolvemento da inspección encontrouse un almacén oculto en que se encontraron máis de 12.000 artigos de roupa, calzado e complementos con logos de marcas recoñecidas.

Tras contactar cos representantes das marcas, estes confirmaron que se trataba de produtos falsificados e que a valoración estimada ascendería a tres millóns de euros.

Procedeuse a intervir toda a mercadoría que se encontraba no almacén e ao levantamento dunha acta por infracción administrativa de contrabando pola venda de roupa e zapatillas.

A operación foi desenvolvida polo Grupo de Investigación, Contrabando e Fraude da Área Rexional de Vixilancia Aduaneira da Axencia Tributaria en Valencia e a Udaiff da Garda Civil de Valencia.

Filmación do operativo (para descargar o vídeo débese introducir o seguinte enderezo web):

https://we.tl/t-oAp5Lp483o