Saltar ao contido principal

Detido un home que transportaba 31 quilos de haxix no seu vehículo

  • A substancia estupefaciente ía oculta no maleteiro dun turismo proveniente de Gran Canaria

12 de novembro de 2025.- Funcionarios da Unidade Operativa de Vixilancia Aduaneira da Axencia Tributaria en Tenerife, xunto a axentes da Garda Civil pertencentes á Unidade de Análise e Investigación Fiscal e Fronteiras (Udaiff) do porto de Santa Cruz de Tenerife, detiveron en Tenerife a unha persoa á chegada dun buque procedente de Gran Canaria cando portaba no seu vehículo 31 quilos de haxix. 

Froito do dispositivo de control efectuado no porto de Santa Cruz de Tenerife produciuse a identificación dun home que conducía un turismo e que ergueu as sospeitas dos axentes. Tras manter con el unha entrevista puidose observar o seu nerviosismo e as incoherencias nas súas respostas. Ademais, se deprendía un forte cheiro a substancias cannábicas do interior do vehículo.

Tras inspeccionar o turismo, localizáronse uns paquetes no maleteiro que contiñan o que parecía ser algún tipo de substancia estupefaciente. Ao realizar o test de drogas deu resultado positivo en haxix, sendo o seu peso máis de 31 quilos, polo que se procedeu á detención do condutor do vehículo.

O detido, xunto ás dilixencias instruídas, foi remitido á Autoridade Xudicial competente.