Desmantelados catro cultivos ‘indoor’ de marihuana na provincia de Sevilla
-
Detidas cinco persoas por tráfico de drogas e defraudación de fluído eléctrico
-
Interviñéronse máis de 1.600 plantas de ‘cánnabis’
6 de novembro de 2025.- O Servizo de Vixilancia Aduaneira da Axencia Tributaria en Sevilla, nunha operación conxunta coa Garda Civil, procedeu a desarticular catro centros de cultivo de marihuana na localidade de Osuna (Sevilla) en varios dispositivos levados a cabo no mes de outubro que se iniciaron a raíz de denuncias veciñais alertando dos fortes cheiros provenientes dos inmobles investigados.
A primeira das operacións produciuse o pasado 8 de outubro. Realizouse un rexistro nunha nave de Osuna, onde se interviñeron 150 plantas en diferentes fases de crecemento e procedeuse á detención do responsable da plantación.
O segundo dispositivo levouse a cabo o día 16 de outubro, cando se practicou un rexistro domiciliario e interviñéronse 654 plantas de marihuana en avanzado estado de floración, así como 10.000 euros en efectivo e un vehículo de alta gama. Ademais, realizouse a detención do principal investigado.
Por último, o día 20 realizáronse catro entradas e rexistro simultáneo en relación con dous cultivos, onde se conseguiron aprehender 814 plantas de cánnabis cuxa recolleita estaba moi próxima. Neste último operativo detivose tres individuos.
Os efectos intervidos, así como os detidos, todos veciños de Osuna, foron postos a disposición da Autoridade Xudicial.
A operación, que se enmarca dentro da permanente colaboración entre Vixilancia Aduaneira e a Garda Civil na loita contra o tráfico de drogas na provincia de Sevilla, levouse a cabo pola Unidade Operativa do Servizo de Vixilancia Aduaneira da Axencia Tributaria en Sevilla, canda a Unidade Territorial da Policía Xudicial da Compañía da Garda Civil de Osuna.
Encóntranse dispoñibles para a súa descarga imaxes do operativo nesta ligazón .