A Axencia Tributaria celebra unha nova edición do curso-estancia sobre delincuencia económica dirixido a membros da Carreira Fiscal
A Axencia Tributaria continúa a súa colaboración coa Fiscalía Xeral do Estado en materia formativa cunha nova edición do curso-estancia sobre delincuencia económica, que se celebrou os días 20 e 21 de outubro en Madrid. O evento estivo dirixido principalmente a persoal da Axencia Tributaria e membros da carreira fiscal especialistas en delincuencia económica.
A inauguración do curso contou coa participación da directora Xeral da Axencia Tributaria, Soledad Fernández Doctor e o Fiscal de Sala Coordinador de Delitos Económicos, Fernando Rodríguez Rey.
Durante as sesións, e a través de relatorios conxuntos, analizáronse o delito fiscal en casos de utilización de sociedades interpostas e simulación de non residencia fiscal, as investigacións relacionadas con tramas, o delito de contrabando, a interacción entre o procedemento administrativo de recadación e o proceso penal, e os delitos de frustración da execución.
A celebración do curso incide na colaboración en materia formativa existente entre a Axencia Tributaria e a Fiscalía Xeral do Estado, que posibilita un mellor coñecemento por ambas as dúas partes dos mecanismos de fraude con fondo económico cada vez máis complexos.