Intervidos 852 quilos de haxix desembarcado por unha "narcolancha" na praia algecireña de Cala Area
-
Durante o operativo foron detidos dous menores de idade que actuaban como ‘puntos de vixilancia’ da organización criminal
24 de setembro de 2025.- Funcionarios de Vixilancia Aduaneira da Axencia Tributaria nunha operación conxunta con axentes da Policía Nacional, interviñeron 852 quilos de haxix desembarcado por unha ‘narcolancha’ na praia algecireña de Cala Area. Durante o operativo foron detidos dous menores de idade que actuaban como ‘puntos de vixilancia’ da organización criminal.
Dispositivo conxunto en Cala Area
A finais do mes de agosto, os axentes detectaron a chegada dunha embarcación semiríxida á praia de Cala Area e a presenza de grupo de ‘paqueteros’ que comezaron a descargar a droga. Ao decatarse da presenza policial, fuxiron a pé cara á zona de monte, ocultandose entre a densa vexetación. Minutos despois, nunha área de difícil acceso próxima ao faro de Punta Carnero, os investigadores localizaron 21 fardos de tea de saco que contiñan haxix cun peso bruto de 852 quilos.
Dentro do perímetro de seguridade, os axentes interceptaron a dous menores que intentaban fuxir da zona e, tras comprobar que exercían funcións de ‘punto de vixilancia’, foron arrestados pola súa presunta implicación na descarga do alixo.
Investigación aberta
A investigación continúa aberta co obxectivo de identificar ao resto de integrantes da rede criminal e proceder á súa detención. Os axentes constataron que a organización empregaba a menores de idade en labores de apoio e que trataban de introducir a droga mediante embarcacións semiríxidas para o seu posterior transporte en vehículos de carga.