Intervidos 72 quilos de haxix e tres quilos de cocaína nun envío de paquetaría en Palma
-
Detivose a un home de 41 anos de idade, residente na localidade de Palma, por un delito de tráfico de drogas
23 de abril de 2026.- Funcionarios do Servizo de Vixilancia Aduaneira da Axencia Tributaria e gardas civís da Unidade de Análise e Investigación Fiscal e de Fronteiras (Udaiff) do porto de Palma, interviñeron 72 quilos de haxix e tres quilos de cocaína nun envío de paquetaría en Palma e detiveron un home por un delito de tráfico de drogas.
As actuacións iniciáronse o pasado día 11 de abril, cando os investigadores de Vixilancia Aduaneira e da Garda Civil, durante un control rutineiro realizado nun operador loxístico, dedicado á distribución de mercadorías e paquetaría nunha nave dun polígono industrial de Palma de Mallorca, detectaron un envío sospeitoso, que foi sometido a inspección.
Na inspección foron achada no interior do paquete 72 quilos de resina de haxix e tres quilos de cocaína.
Posteriormente, os axentes iniciaron unha investigación e realizaron as xestións oportunas para a identificación, localización e detención do destinatario do envío. Así, o pasado día 15 de abril procedeuse á detención dun home de 41 anos de idade, residente na localidade de Palma, por un delito de tráfico de drogas.
No marco da loita contra o tráfico de drogas, os funcionarios da Vixilancia Aduaneira da Axencia Tributaria e os axentes da Unidade de Análise e Investigación Fiscal e de Fronteiras do porto de Palma da Garda Civil, teñen como obxectivo actuar sobre posibles rutas de introdución de substancias estupefacientes ocultas en mercadorías con destino as Illas Baleares.
Estas rutas son usadas tanto por organizacións criminais, como por pequenos traficantes de estupefacientes dedicados ao menudeo , que actúan de forma individual e autónoma, usando diferentes redes sociais para a venda das substancias estupefacientes e, unha vez acordada a venda, realizan envíos con pequenas cantidades, agochando as substancias entre roupa, comida e outros obxectos, usando identidades falsas nestes envíos para eludir unha posible acción policial.