Celebrado o 29º Pleno do Foro de Asociacións e Colexios de Profesionais Tributarios
O 1 de xullo tivo lugar a 29ª sesión plenaria do Foro de Asociacións e Colexios de Profesionais Tributarios, presidida por dona Soledad Fernández Doctor, directora Xeral da Axencia Tributaria.
No curso da mesma, ademais de exporse as cuestións tratadas nas reunións dos grupos de traballo celebrado durante o primeiro semestre do ano, como a campaña do Imposto sobre Sociedades 2025 ou o Proxecto de Orde sobre a Solución Pública de Facturación Electrónica, analizouse a Resolución do 4 de xuño de 2026, da Dirección Xeral da Axencia Estatal de Administración Tributaria, pola que se establece o procedemento para efectuar telematicamente o embargo de diñeiro en contas abertas en provedores de servizos de pagamento.