A outra vida dos datos fiscais
O Blog Fiscal de Crónica Tributaria publica semanalmente unha entrada sobre distintos aspectos da fiscalidade.O mércores 25 de xaneiro publicouse unha entrada escrita por Rafael Frutos Vivar, Subdirector Xeral de Presupostación e Seguimento dos Ingresos Tributarios do Servizo de Estudos Tributarios e Estatísticas da Axencia Tributaria, co título A outra vida dos datos fiscais.
Na entrada, o autor refírese aos datos fiscais que, ano tras ano, a Axencia Tributaria pon a disposición da cidadanía para facilitar a presentación da nosa declaración de Renda e destaca o valor do sistema informativo que, ao longo dos últimos trinta anos, foi consolidando a Axencia Tributaria, que está baseado en dous piares:os modelos de autoliquidación e os modelos informativos de terceiros.
Os datos fiscais non só facilitan a xestión dos impostos, senón que serven de utilidade para outras posibilidades no ámbito da estatística pública que nos explica o autor.