RSS
A Axencia Tributaria publica os titulares dos seus contidos en canles RSS, que é un formato de intercambio de información mediante un ficheiro en formato XML que non se pode ver directamente na maioría dos navegadores. Desta forma, podes integrar na túa web ou ver no teu cliente RSS, de forma completamente gratuíta, as últimas noticias actualizadas e con ligazóns directas ao seu contido completo..
Dispós de varios métodos para usar o noso titular RSS:
- Pulsar sobre a ligazón da canle, se dispón dun navegador web compatible (Internet Explorer 11, Firefox, etc.). Nalgúns navegadores (Chrome, Edge, necesitarás instalar un lector de Feeds ou RSS).
- Mediante clientes RSS: programas que lle permiten usar directamente os nosos ficheiros de datos e veros no seu ordenador persoal.
- Mediante un agregador: páxinas web que che permiten agrupar fontes RSS de distintos medios.
En todos os casos, o uso dos ficheiros implica a aceptación das Condicións xerais de uso detallado no seguinte Aviso legal.
Podes seleccionar a categoría ou categorías de contidos que sexan do teu interese. A categoría "Análise" inclúe artigos e documentos de análise e opinión, comunicados e criterios, nunha variedade de temas en materia tributaria e aduaneira.