Obrigas formais, contables e rexistrais
Libros rexistro e outras obrigas
Libros rexistro
Os Libros Rexistro que tes que levar dependen da actividade que realices e do réxime que utilices para determinar o rendemento.
Os libros deberán conter, entre outros datos, o número de factura, a data de expedición, o NIF da contraparte da operación, o concepto, o importe, a descrición do ben, o valor de adquisición etc.
Os libros, entre outros requisitos, deberán levarse con claridade, exactitude, por orde de datas, sen raspaduras nin riscaduras, reflectindo as anotacións en euros, etc.
Os libros pódense levar por medios electrónicos ou informáticos conservando os ficheiros e programas que sirvan de soporte.
Os libros rexistro de IRPF poden ser compatibles cos de IVE , engadindo para iso os datos necesarios.Levalos conxuntamente non supón ter que cumprir requisitos adicionais aos que se esixen se os levas por separado.
A Axencia Tributaria pon á túa disposición un formato tipo de libros rexistro normalizado que podes utilizar para:
levar os teus libros dende o 1 de xaneiro de 2020
atender requirimentos de Libros Rexistro de exercicios anteriores a 2019
levar conxuntamente os libros de IVE e IRPF
- importar os libros rexistro dentro de Renda Web para cumprir os apartados dos rendementos das actividades económicas en estimación directa e, das retencións practicadas