Dedución por maternidade e incremento por gastos de gardaría
Coñece as novidades relativas á dedución por maternidade tras a súa modificación desde o 1 de xaneiro de 2023, así como as relativas ao incremento por gastos de gardarías tras a Sentenza do Tribunal Supremo do 8 de xaneiro de 2024.
Aplicación do incremento por gastos de gardaría en exercicios anteriores
A raíz da Sentenza do Tribunal Supremo do 8 de xaneiro de 2024, poderán aplicar este incremento non só as nais que leven os seus fillos a un centro de educación infantil autorizado pola Administración educativa da Comunidade Autónoma, senón tamén as que os leven a gardarías que conten coa autorización do concello que resulte precisa para a apertura e funcionamento da actividade de custodia de menores en gardarías, segundo as disposicións normativas aplicables a este tipo de centros.
Se se presentaron as declaracións dos anos anteriores sen aplicar este incremento e agora, por aplicación do criterio fixado por esta Sentenza fose posible aplicaro, poderase solicitar unha rectificación das declaracións de anos anteriores presentadas.
Para iso deberase acceder na Sede da AEAT á icona de IRPF :
E, unha vez alí, acceder a Declaracións xa presentadas
Seleccionando Como modificar unha declaración xa presentada
E a declaración do ano que haxa que modificar
Unha vez que acceda á declaración presentada a aplicación solicitará que se indique se se trata dunha declaración complementaria ou unha solicitude de rectificación, elixirase esta última opción
Cando se abra a xanela de captura de datos consignarase a conta bancaria onde se quere percibir o importe do incremento da dedución, así como o importe que hai que ingresar ou devolver da declaración orixinaria.
Despois accederase ao Resumo de declaracións
Desde este resumo farase clic no apartado “Dedución por maternidade. Incremento por gastos en gardarías”
E cubriranse os datos solicitados:
Que son o importe dos gastos e os meses completos matriculados na gardaría
Unha vez completados estes datos poderase presentar a rectificación da declaración.