Modificación dunha declaración de Renda 2025 xa presentada
Coñece como podes modificar unha declaración de Renda xa presentada
Solicitude de anulación da declaración presentada por un non obrigado a declarar
No caso de que, non estando obrigado a presentar a declaración de Renda de 2025, se presentase esta, pódese solicitar que se teña por non presentada.
Para iso, deberase presentar unha autoliquidación rectificadora indicando esta circunstancia e quedará reflectida esta situación na casa 125 do modelo de declaración.
No seguinte exemplo presentouse unha declaración cun resultado a devolver de 142,14 € que xa foi acordada.
Para anular a declaración anteriormente presentada, a forma de proceder será a seguinte, accederase dende "Apartados declaración" á opción " Modificar declaración Renda 2025 xa presentada":

E na ventá marcará a casa 103:

E aparecerá a posibilidade de marcar que a declaración se teña por non presentada:

Ao pulsar sobre esta última casa, ábrese a seguinte ventá:

As opcións son:
Marcar a primeira casa para indicar que non se está obrigado a presentar e que solicita que a declaración se teña por non presentada.
Marcar ambas as dúas nos casos de non ter a condición de contribuínte polo IRPF e que, por erro, se presentou a declaración (contribuíntes con residencia en territorio foral ou non residente).
Marcarase neste caso a primeira opción:

Solicitarase confirmación:

E despois, poderá visualizarse o novo resultado no resumo de declaracións:

Como a devolución foi acordada, neste caso, teranse que ingresar os 142,14 € que obtivo previamente.
A presentación da autoliquidación rectificadora supoñerá que a declaración orixinal se teña por non presentada ao non estar obrigado a declarar.
No xustificante da presentación da autoliquidación rectificadora aparecerá marcada a casa 125:
