Servizos de axuda para confeccionar a túa Renda
Indicámosche os distintos servizos de axuda que pomos á túa disposición e que podes utilizar para xestionar a túa Renda 2023
Asistente virtual da Renda
Esta ferramenta permíteche obter, de forma fácil e intuitiva, información xeral sobre o IRPF e específica sobre actividades económicas, que che poderá ser de axuda na túa declaración de Renda. Unha vez consultada toda a información, pode xerarse un PDF que será unha copia exacta do que aparece en pantalla. Para iso será necesaria autenticación mediante Cl@ve PIN ou certificado electrónico.
Inclúe servizo de chat dispoñible de 9:00 a 19:00 horas de luns a venres (para o seu acceso, indicar que non obtivo a información que necesitaba)