Consulta de declaracións xa presentadas
Que exercicios podes consultar e que documentación ofrecémosche
Sempre poderás consultar as declaracións que presentases no exercicio actual e nos exercicios anteriores non prescritos.
A consulta inclúe: a obtención da copia da declaración presentada (non ten a validez dun certificado tributario), a descarga do ficheiro presentado e, o xustificante da presentación.
Se es un colaborador social, tamén poderás consultar as declaracións que presentases como tal.
Lembra que é o certificado tributario, e non a copia da declaración, o documento expedido pola Axencia Tributaria que acredita os feitos relativos á situación tributaria dun obrigado tributario.