Como consultar ou modificar a domiciliación bancaria
Consulta e cambia o número de conta
Podes consultar a conta bancaria en que domiciliaches a devolución e poderás modificara en tanto non se acordase o pagamento.
Se a túa declaración foi a ingresar, a modificación do número de conta podes facera ata que finalice o prazo de domiciliación de cada un dos pagamentos.
Tamén podes revogar a domiciliación se decides realizar o pagamento por outra vía e rehabilitar a domiciliación se a revogaches. Ambas as dúas opcións só están dispoñibles dentro do prazo de presentación da declaración.