Saltar ao contido principal
Como modificar unha declaración xa presentada

Segundo paso: modificar a declaración xa presentada

En "Apartados declaración " seleccionarase a opción "Modificar declaración Renda 2024 xa presentada":

Pantalla modificar unha declaración xa presentada

E na xanela marcarase o recadro 103:

Pantalla recadro 103

Con carácter xeral non se ten que cubrir ningún importe de forma manual pois trae de forma automática os números de xustificantes e o importe das devolucións xa acordadas pola Administración. Polo tanto, non se computan as solicitadas polo contribuínte que non  fosen acordadas pola AEAT.

Continuando co exemplo, como non foi acordada aínda a devolución, aparece importe “0,00” como devolución acordada:

Pantalla autoliquidación rectificativa

Desta forma, no resumo de declaracións, ao non haberse acordado ningunha devolución con anterioridade, aparece como resultado da modificación o novo importe de 801,59 €, substituíndo ao da declaración anterior. De existir algunha devolución previa, solicitaríase agora unicamente a diferenza.

>Pantalla resumo de declaracións